publicidade hoxe

Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia no campo de Augas Santas no concello de Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalLocal PortadaPantón
A-
A+

O Club Augas Santas de Pantón acolle a segunda proba galega do III Circuíto de golf sénior Turismo de Galicia, organizado pola Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, co obxectivo de consolidar a Comunidade galega como destino turístico de golf.

Este torneo desenvólvese logo da celebración do I e II circuítos de Golf Sénior Turismo de Galicia, que tiveron lugar nos anos 2011 e 2012 e nos que participaron máis de 700 golfistas de toda España.

As probas do III Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia celébranse desde o pasado 26 de xuño, cando se iniciara o torneo na cidade da Coruña. Logo viñeron as probas en Bilbao, Burgos, Asturias, Tarragona e Navarra, antes da que se celebre mañá a competición en Augas Santas-Pantón (Lugo). Ao longo dos meses de setembro e outubro desenvolveranse probas deste campionato de golf en Madrid, Valladolid, Salamanca, Santander e Sevilla.

En canto á final deste circuíto, celebrarase entre os días 19 e 22 de novembro no campo de golf de Mondariz Balneario.

Produto turístico

Desde o punto de vista da promoción turística de Galicia, o Circuíto de Golf Sénior consiste na creación dun produto destinado ao xogador de golf sénior, concibido mediante a combinación de tres atributos específicos integrados nas fortalezas da oferta turística galega: termalismo, gastronomía e campos de golf.

Os obxectivos do produto de golf sénior son, por unha parte, posicionar Galicia como o destino ideal para o xogador de golf de máis idade e atraer os xogadores con este perfil para que visiten a Comunidade galega, ofrecéndolles unha alternativa turística diferenciada e altamente valorada por estes.

Ademais, con esta iniciativa, preténdese servir de enlace entre a industria do golf e a industria turística local.

Este circuíto de golf facilitará tamén a presentación da oferta de campos e servizos turísticos mediante un produto estratexicamente diferenciado.

Torneo GolfSpain

Doutra parte, A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, patrocina a celebración do torneo de golf GolfSpain, que se celebrara entre hoxe e o día 18 de agosto, co obxectivo de difundir a Comunidade galega como destino para a práctica do golf entre os deportistas españois.

Este torneo, que chega á súa segunda edición, constitúe unha excelente oportunidade para a promoción de Galicia como destino turístico de golf, dada a presenza da axencia GolfSpain na organización deste, xa que é líder no sector das viaxes especializadas en golf, ao contar entre os seus clientes con máis de 30.000 xogadores de toda España.

A promoción deste torneo centrouse na Comunidade de Madrid, principal mercado emisor de Turismo de golf, cun 20% do total das licencias de España.

Viaxes complementarias

Logo da celebración deste torneo no balneario de Mondariz, tratándose dun período vacacional, está previsto que moitas xogadoras e xogadores amplíen a súa estadía na Comunidade galega con visitas a outros lugares.

Esta é a segunda edición do torneo de golf Golfspain, logo da celebración dunha primeira no ano 2012 que contou cunha afluencia de público moi considerable, o que fixo que se optara pola celebración dun novo evento este ano e consolidalo como un torneo fixo no calendario golfista.

15 de agosto de 2013 | 21:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.