publicidade hoxe

Cerdido asina un convenio de colaboración para axustar a facturación eléctrica municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdidoLocal
A-
A+

O pasado mes de maio, o concello de Cerdido asinou convenio de colaboración coa empresa de asesoramento enerxético Xema Solucións Técnicas, para a supervisión e axuste da facturación eléctrica municipal.

Con esta iniciativa preténdese a optimización dos recursos municipais, evitando gastos innecesarios e mantendo a calidade no servizo; xa que na maioría das administracións recíbense mensualmente unha numerosa cantidade de facturas, que sen unha análise técnica previa que permita coñecer as características particulares de consumo, son arquivadas para posteriormente ser pagadas .

Unha vez realizado dito estudio, os resultados finais indican que dos 76 suministros analizados identifícanse posibilidades de aforro no 84% dos mesmos.

As medidas propostas por Xema Solucións Técnicas permitirán un aforro anual de 12.000 €, o que supón unha reducción do 11% do gasto anual en enerxía eléctrica.

O aforro provén de realizar modificacións no tipo de tarifas e potencias contratadas, adecuándoas ao consumo real das instalacións, sen implicar en ningún caso unha disminución no consumo e sen ter que realizar ningún tipo de inversión.

28 de agosto de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.