Celta e Concello de Vigo presentan a “gran grada da cidade” no estadio de Balaídos

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero achegouse hoxe ao Estadio Municipal de Balaídos para presentar, xunto co presidente Carlos Mouriño, a grada Concello de Vigo-Celta, que suporá a cesión gratuita de 1.600 localidades de todos os partidos que se xoguen en Vigo. Tal e como explicou o rexedor, estas entradas estarán dirixidas a nenos e nenas de colexios públicos e concertados, acompañados dun adulto; a colectivos do ámbito social como Erguete, Alborada o San Francisco; a colectivos culturais, como os membros de corais; ou de ámbito deportivo. Ademais, tamén se inclúen persoas que atravesan unha situación de dificultade e económica pola súa situación de desemprego.

Neste punto, puntualizou que o obxectivo deste proxecto conxunto, enmarcado dentro dos actos do noventa aniversario do clube, é fomentar á afección; dar apoio ao Celta, así como que toda a cidade se incorpore a esa grada. Para rematar, Caballero reiteroulle o seu agradecemento á directiva do Celta porque “seguramente obtería máis rendabilidade económica doutro xeito”, enfatizando o o “gran esforzo do clube” a favor da cidade de Vigo.

12 de agosto de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.