Cedeira organiza este luns o Carnaval de Verán coa Orquestra Israel
Un ano máis o Concello de Cedeira celebrará a súa festa de Carnaval de Verán. Será este luns, 12 de agosto, no Parque do Sagrado Corazón e a ela están convocados veciños e visitantes a partir das 22 horas. Nenos, novos e maiores poderán gozar durante toda a noite dunha xornada lúdica con música, animación e xogos. Así, os primeiros en animar a festa serán os compoñentes da Charanga NBA.
Tras a súa actuación, chegará a quenda da Orquestra Israel, en torno ás 23 horas.
Diversión garantida con esta proposta da Concellaría de Festas que tan só pide un requisito ao participante: disfrazarse.











