Catas comentadas no Concello de Salvaterra con motivo da Festa do Viño do Condado

Máis de 80 persoas participaron nas catas
Un ano mais, e dentro da programación da Festa do Viño do Condado, o Concello de Salvaterra organiza as Catas Comentadas, que sempre contan cunha excelente participación debido o gran interés que mostra a xente polos nosos caldos e pola inquedanza de coñecer catro nocións básicas a hora de tomalos, este ano 80 persoas cataron máis da metade dos viños que se van a presentar á Cata Oficial a procura dos Deliciosos. Segundo o ponente, Antonio Alén Presidente Gran Mestre da Cofradía dos Viños do Condado do Tea o nivel dos viños é moi alto.











