“Cantajuego” presenta o próximo 10 de agosto o seu novo espectáculo na Coruña
O Coliseo da Coruña acollerá o próximo 10 de agosto a estrea da xira do seu novo espectáculo A divertise, para o que se venderon xa máis de 2.500 entradas.
Tras o éxito alcanzado nas súas dúas visitas anteriores ao Coliseo da Coruña, esta vez, Cantajuego visitará a cidade pouco despois despois de publicar o noveno volume da súa colección de traballos. Nesta ocasión presenta o seu espectáculo A divertirse, que propón novas cancións, personaxes e a diversión que lle valeron converterse na proposta musical familiar preferida por pais e nenos.
A cita con Cantajuego será o sábado 10 de agosto ás 17.00 horas no Coliseo e o prezo das entradas, que xa están á venda a través das canles habituais, vai dos 12 aos 28 euros.











