Cangas viviu a regata “Festas do Cristo” de Vaurien e Optimist

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesLocal
A-
A+
Participantes na regata

Participantes na regata

Este fin de semana pasado, celebrouse en augas da enseada de Cangas a tradicional regata de vela lixeira que vén organizando cada ano o Náutico Rodeira en colaboración co Concello de Cangas, con motivo da festa maior da vila.

A esta regata, que tiña a categoría de Autonómica para a clase Optimist e de Clasificatoria para o ranking galego da clase Vaurien, acudiron 37 embarcacións da primeira clase e 18 da segunda, excelente participación, que ano a ano sitúa a esta clásica entre as regatas imprescindibles para as tripulacións galegas e portuguesas.

Á cita non faltou o vento, elemento imprescindible para este deporte, que con dirección do Norte e forza entre os 15 e os 20 nós, puxo a proba a preparación das tripulacións, brindou espectaculares imaxes das vertixinosas planeadas dos vaurien e tamén dalgún xiro producido na difícil manobra da trasluchada. Aínda coas dificultades que as condicións supuxeron para os máis pequenos, realizáronse catro mangas na clase Optimist e cinco na clase Vaurien, ao final das cales, as clasificacións quedaron así:

Clase Vaurien

POSTO

BARCO

PATRÓN

PROEL

CLUB

1 ABS.

SHAMROCK 360

ANTONIO PEREZ CASTRO

PILAR AMARO

C.N. REGATAS-RCN VIGO

2 ABS.

TOMATITO OLÉ

PABLO CABELLO

JAVIER LAGO

R.C.N. VIGO

3 ABS.

TREBOADA

ALFONSO LEIROS

ROCIO MACIEL

R.C.N. SANXENXO

1 JUVENIL

BOSCH COMUNICATION CENTER

TIRSO CERQUEIRA ATARES

MARIO PEREZ GONZALEZ

CM. CANIDO – RCN. VIGO

1 FEMENINO

SUBARU ROJO

ALEJANDRA SUAREZ GONZALEZ

HELENA PEREZ ALVAREZ

R.C.N. VIGO

 

1 RCN RODEIRA

JEJE

CRISTINA GONZALEZ

ANA GARCIA BOUZA

R.C.N. RODEIRA

 

Clase Optimist

CATEGORÍA

POSTO

PATRÓN

CLUB

A

1

VICTOR FERNANDEZ VIDAL

R.C.N. CORUÑA

 

2

JORGE TABARA

R.C.N. CORUÑA

 

3

JORGE BARCIA

R.C.N. CORUÑA

B

1

ROBERTO BERMUDEZ DE CASTRO (*)

R.C.N. CORUÑA

 

2

PEDRO RODRIGUES

C.V. VIANA DO CASTELO

 

3

JORGE ENRIQUEZ GOMEZ

R.C.N. VIGO

C

1

FRANCISCO ILHAO

C.N. POVOENSE

 

2

MIGUEL VIEJO TORO

R.C.N. VIGO

 

3

VICTOR GONZALEZ FERNANDEZ

R.C.N. RODEIRA

RCN RODEIRA

1

VICTOR GONZALEZ FERNANDEZ

R.C.N. RODEIRA

(*): Vencedor absoluto.

27 de agosto de 2013 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.