Campionato de España de ORC e First 40.7 e o Circuíto Atlántico de Cruceiros, tres grandes citas nacionais e portuguesa

Porto de Aveiro. Foto Tino Pérez
Tras a conclusión da primeira das citas do prestixioso Trofeo Presidente Xunta de Galicia, o relevo tomarao o Monte Real Club de Iates de Bayona e a Comisión Naval de Regatas da Escola Naval Militar de Marín, coa celebración do XXVIII Trofeo Príncipe de Asturias, que nesta edición de 2013 seguirá irmandando a máis pura tradición mariñeira cos prestixiosos desafíos deportivos de alto nivel ao concorrer, sobre as mesmas augas da Baía de Baiona e Ría de Vigo, unha distinguida dotación de barcos Clásicos, os mellores equipos de regata galegos e nacionais da División dos Cruceiros ORC, Maxis e as tripulacións femininas da Ladies Cup.
Club de Iates e Comisión Naval seguen apostando na súa estratexia de organización da regata Real, por un combinado diversificado na posta en escena dunha ampla representación das clases que habitualmente toman parte nas regatas deportivas, engadindo unha incentivación na promoción dos buqes Clásicos, grazas á colaboración de AGABACE (Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época), cunha configuración especial nos seus trazados máis tradicionais, e onde predominarán os rumbos abertos nas mangas costeiras ou de litoral.
As probas técnicas quedan reservadas para todos os Cruceiros que acoden a Baiona co propósito de conseguir algún dos títulos nacionais en xogo.
O Trofeo Príncipe de Asturias está declarado regata de Alto Nivel pola Real Federación Española de Vela, ao disputarse o Campionato de España de Cruceiros ORC e o Campionato de España de First 40.7. Tamén está en xogo o Circuíto Atlántico de Cruceiros.
O Trofeo Real considera nas súas amplas filas deportivas dous retos destacados de longa tradición na historia do Monte Real, o Trofeo Don Juan de Borbón, que recoñece a tripulación portuguesa con mellor resultado durante a celebración do Trofeo Príncipe de Asturias, e a Ladies Cup, regata na que toman parte 6 combinados femininos que representarán o mesmo número de comunidades españolas, navegando a bordo dos First Fígaro de la Escuela de Cruceros Novagalicia Banco del Club de Yates.
A fase intermedia do Trofeo Príncipe de Asturias acollerá, un ano máis, a Gala dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, evento de recoñecido prestixio en España que premia aos mellores valores deportivos e institucionais destacados en 2012. O Club de Iates emitirá en breve os listados dos galardoados en cada categoría da presente edición.
O Trofeo Príncipe de Asturias celebrarase durante os días 6, 7 e 8 de setembro, baixo a tutela na Presidencia de Honra de SAR El Príncipe de Asturias Don Felipe de Borbón, a organización do Monte Real Club de Iates de Bayona e a Escola Naval Militar de Marín.











