Cambre terá novo obradoiro de emprego para uns 30 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Cambre foi un dos concellos mellor valorado da bisbarra Das mariñas pola Xunta tras solicitar a concesión dun Obradoiro de Emprego que empregará a 29 desempregados da bisbarra. Neste caso os desempregados que poidan optar a este obradoiro serán especialmente os maiores de 18 anos, que se encontran con importantes dificultades para acceder ao mercado laboral. Deste xeito o obradoiro contratará 22 alumnos dedicados á Atención Sociosanitaria en institucións sociais, unha rama formativa que o Centro de Formación Municipal ten homologada e que xa se imparte dende hai anos neste centro formativo.

Segundo a edil de Emprego, Marta Vázquez Golpe, o máis importante do programa é que se levarán a cabo contratos durante seis meses para desempregados de Cambre, posto que se trata dun programa mixto de formación e emprego, nos cales os alumnos traballan e saen ao mesmo tempo co seu certificado de profesionalidade.

Así, a intención do grupo de goberno cambrés que os alumnos se formen nunha actividade que nestes momentos ten moita demanda como é a atención sociosanitaria a persoas nos centros especializados de atención a persoas como unha válida alternativa laboral.

A subvención concedida ascende a un total de 195.435 euros, que sufragará os gastos de 7 técnicos entre os que se encontran os docentes e o persoal administrativo e os salarios dos 22 alumnos. A duración do Obradoiro de Emprego durará seis meses, sendo o salario dos alumnos seleccionados algo superior ao mínimo interprofesional. O concello xa formalizou convenios de colaboración con varias entidades relacionadas co sector sociosanitario e que son de carácter non lucrativo como por exemplo ANPACE, Aspronaga, Residencia de Maiores de Oleiros, Paimeni.

“É unha noticia moi positiva para os veciños. Gracuias a esta concesión autonómica poderemos impartir un taller nun campo que agora ten moita demanda e que nos permitirá dar traballo e formación ao mesmo tempo a 29 persoas de Cambre. Somos conscientes da situación económica actual por todo iso agradecemos que a Xunta valorase desta forma tan nosa solicitude. O obxectivo é que poidamos empregar ao maior número de cambreses posible neste programa”, destacou Vázquez Golpe.

13 de agosto de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.