Cabanas presenta novas guías de turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

Os Concellos de Cabanas, Fene e Pontedeume xuntaron esforzos e van editar en conxunta unhas guías nas que ofrecer ó visitante información útil sobre estes municipios. Unhas guías turísticas coas que se pretende fomentar a chegada de visitantes á comarca e potenciar un dos eixos económicos destas tres localidades. Estas guías contan ademais coa colaboración da Deputación da Coruña.

E co obxecto de presentalas, este próximo sábado día 10 de agosto terán lugar unha serie de actos nos diferentes concellos. Desta forma, no Concello de Cabanas as 17:00 horas e no Hotel Sarga terá lugar a presentación da guía. Posteriormente, as 17:30 horas, farase un percorrido pola Praia da Madalena, para proceder ó reparto das guías no Hotel Iberia as 18:30 horas. Os actos remataran cunha visita á gamela “Anduriño”, no Embarcadoiro do Día Oito. Esta embarcación será a que se empregue posteriormente para levar a cabo as rutas pola Ría do Eume que tanto éxito tiveron o ano pasado.

8 de agosto de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.