Cabanas acolle o II Rastrillo Veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasCalendarioLocal
A-
A+

En momentos de crise é cando a imaxinación se agudiza e se propoñen novas ideas e proxectos. Isto é o que acontece en Cabanas, onde unha serie de veciños, en colaboración co propio Concello, logo do éxito acadado o ano pasado, teñen previsto levar a cabo o II Rastrillo Veciñal. A data escollida para a celebración deste evento será o próximo domingo, 11 de agosto, dende as 9:00 da mañá e ata as 21:00 horas no entorno do Paseo da Madalena.

A iniciativa está dirixida a todo aquel particular, asociación ou sociedade que non se dediquen á venta profesional. Artigos novos e de segunda man e produtos artesáns, gastronómicos caseiros ou da horta terán cabida nesta iniciativa veciñal na que os interesados poderán vender, mercar ou intercambiar artigos de todo tipo. Desta forma búscase que aquelas persoas interesadas en participar poidan ter unha forma de gañar uns ingresos extra e do mesmo xeito favorecer e facilitar un espazo onde os veciños poidan atopar produtos que non son habituais nos mercados máis tradicionais ou onde poidan darlle saída tamén as cousas que xa non empregan usando o sistema de troque.

Para poder participar como vendedor neste II Rastrillo Veciñal é preciso facer unha inscrición previa. Para inscribirse ou para recadar máis información, os interesados poderán dirixirse á dirección de correo electrónico rastrillocabanas@hotmail.es ou ben chamar ó teléfono móbil 696456477. Tamén poden recadar máis información na Cafetería Yellow da Praia de Cabanas.

7 de agosto de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.