Caballero eloxia a calidade do evento multidisciplinar de deporte e cultura urbana “Marisquiño” e garante a súa continuidade en Vigo
Desde mañá venres ata o domingo, o Concello de Vigo programa, como parte das festas de verán, a décimo terceira edición do Marisquiño, un evento multidisciplinar de deporte e cultura urbana que se celebra en distintos espazos próximos á zona marítima.
Abel Caballero saudou este xoves aos participantes do Marisquiño, quenes ofreceron unha pequena mostra das súas habilidades na Porta do Sol. A cita, do 9 ao 11 de agosto, inclúe probas en disciplinas como o skate, BMX, Mountain Bike Downtown (MTB), saltos con BMX na modalidade de dirt jump, trial, saltos de freestyle motocross, graffiti e B-boying, ademais de diversos concertos.
A cita terá lugar no Peirao de Trasatlánticos, A Laxe, O Náutico, O paseo das Avenidas e a Praza da Estrela. O alcalde destacou o traballo da organización e a calidade do certame, ao tempo que asegurou a súa celebración en Vigo en próximos anos.











