Boiro acollerá a sesión de contacontos “Bailando cos contos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal
A-
A+

Bailando cos contos” é un espectáculo de teatro e contos.

Xoves 9 de agosto ás 12:00 h na Casa da Cultura “Ramón Martínez López”

Algunha vez vimos a un conto bailar?, seguro que si.

Por que os contos bailan?, porque queren xogar.

Cando bailan?, iso témolo que adiviñar… Abride os contos e escoitade, só temos que estar atentos para saber cando queren bailar.

Andrea ea, ea chega coa súa maleta disposta a desvelarnos un segredo, os seus contos bailan, descubriuno un día por casualidade e agora non deixan de bailar pero para iso precisan escoitar música e contos.

“Bailando cos contos” presenta un espectáculo que vai fiando diferentes contos, todos relacionados co baile, a música ou as cantigas.

Espectáculo dinámico e divertido, recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos.

7 de agosto de 2013 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.