Avanzan a bo ritmo as obras da Praza de Galicia en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+

O concelleiro de Obras, Camilo González, explicou hoxe que “ as obras da Praza de Galicia avanzan ao ritmo agardado e os traballos de explanación e retirada de terra xa se atopan bastante avanzadas”.

O edil puntualizou que “as máquinas da adxudicataria retiraron a terra de recheo de peor calidade para deixar  allanada a zona onde se colocará o céspede e xa habilitaron o firme onde se instalará o solado irregular das beirarrúas que será máis ancho nunhas zonas que noutras”.

Cos traballos acometidos ata o de agora “xa se pode ollar tamén o perfil que configurará a rampa de acceso que permitirá aos peóns que chegen dende a zona do Regueiriño ata esta praza”.

González Bodaño explicou que “unha vez rematen os traballos de movementos de terras a vindeira semana, comezarase a instalar as canalizacións necesarias para dotar de servizos á praza. Soterraranse as canalizacións de auga, pluviais, e electricidade”. Ao tempo colocarase o formigón do solado que configurará a beirarrúa perimetral . Un formigón tintado en cor  gris semellante ao da carpitería metálica da nova consistorial”.

Uns traballos de solado que coincidirán case no tempo  “ca plantación do céspede que configurará o espazo central”.

O último proceso será o de “colocación do muro de contención da zona máis próxima a rúa Escaldes Engordanny que ao tempo que de estrutura de contención servirá para

delimitar a rampa de acceso dende a devandita rúa hasta a praza, configurando a terceira entrada á mesma -dende a Avenida de Habana onda o Concello, dende a rotonda das rúas Caracas e Havana e dende esta rúa de Escaldes Engordanny-

5 de agosto de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.