Augalingua transforma a piscina do Muíño nunha aula para o fomento do galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Rapaces paraticipantes no Augalingua

Rapaces paraticipantes no Augalingua

A piscina municipal do Muíño, mo concello de Ordes, acolleu esta tarde a diversión e a aprendizaxe que Augalingua achega alá onde vai. Trátase dunha iniciativa orientada ós máis novos da casa coa que se pretende fomentar o uso do galego mediante a diversión e o xogo en equipo. A través de xincanas acuáticas todos os participantes pasaron unha actividade inesquecible e do máis refrescante. Entre os asistentes estaban, ademais do persoal do departamento de Cultura e Deporte, o Concelleiro Roberto Iglesias. Augalingua é unha iniciativa da Xunta de Galicia que nesta ocasión contou coa colaboración do Concello de Ordes.

8 de agosto de 2013 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.