As xornadas gastronómicas de “Las tapas del Conde” invaden Gondomar
Gondomar acollerá, os días 16, 17 e 18 de agosto, Las tapas del Conde; tres xornadas gastronómicas organizadas pola Comisión de Hostaleiros de Gondomar en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar.
Durante as tres xornadas, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas: tapa campesiña, tortilla de acelgas, bocado Caralludo, entre outras; en trece establecementos de Gondomar. O prezo por tapa será de dous euros.
A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual Conde de Gondomar.
Las tapas del Conde é, tras a I Festa da Empanada celebrada no municipio no pasado mes de maio, a segunda das iniciativas posta en marcha pola Comisión de Hostaleiros de Gondomar coa colaboración de OVALM e o Concello de Gondomar co obxectivo de dar a coñecer a gastronomía do lugar.











