As xornadas “A creatividade para a empregabilidade” impartiranse en Santiago do 26 ao 28 de setembro
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar organiza os vindeiros días 26, 27 e 28 de setembro de 2013 unhas xornadas sobre a creatividade e a empregabilidade, enmarcado dentro do proxecto europeo Xuventude en Acción.
Datas: 26, 27 e 28 de setembro de 2013
Lugar de realización: Santiago de Compostela
Obxectivos:
– Fomentar o espírito emprendedor entre os/as mozos/as.
– Cultivar a imaxinación e creatividade aplicada ao autoemprego e a empregabilidade.
– Ofrecer un espazo para a adquisición de habilidades, destrezas e competencias emprendedoras: traballo en equipo, habilidades comunicativas, aprender de facendo.
– Intercambiar boas prácticas sobre a empregabilidade baseada no autoemprego e o emprendemento.
Destinatarios:
– Representantes/dirixentes e directivos de asociacións xuvenís.
– Mozos e mozas membros de asociacións.
– Estudantes universitarios de último curso.
– Estudantes de formación profesional de último curso.
– Mozos e mozas non asociados.
Número de prazas: 30
Prazo de inscrición: ata o 15 de setembro de 2013, mediante envío de formulario electrónico.
Requisitos de participación:
Os/as solicitantes que non reciban correo de confirmación nos dez días seguintes ao rematar o prazo de inscrición, entendérase que non obtiveron praza.
Os/as participantes que teñan confirmada a súa praza e non asistan ás xornadas deberán aboar os gastos de reserva de aloxamento e manutención, se non o comunican á organización cunha antelación de 48 horas de inicio da xornada (salvo acreditación mediante o correspondente xustificante da non asistencia por causa de enfermidade ou falecemento dun familiar).
Cobertura da actividade:
– Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple (agás os/as residentes do Concello de Santiago ou concellos limítrofes, que terán manutención).
– Transporte no ámbito da actividade
Programa de actividades (provisional):
Xoves 26 de setembro
11.00 h: chegada dos/as participantes
11.30 h : acreditación
12.00 h: presentación das xornadas por un representante da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
12.15 h: relatorio “Que é a creatividade? Creatividade e innovación.
13.30 h: xantar
16.15 h: mesa redonda “ Pódese adestrar a creatividade?”, con artistas e creadores novos premiados en concursos de creatividade.
17.15 h: relatorio “Adestrando a creatividade I”
18.15 h: pausa
18.45 h: relatorio – programas de apoio á creatividade e espírito emprendedor:
– Erasmus para emprendedores
– Iniciativa Xove da Xunta de Galicia e Iniciativa xuvenil do programa Xuventude en Acción.
20.00 h : fin de xornada.
21.00 h: cea.
Venres 27 de setembro
09.30 h: mesa redonda “A importancia da creatividade no éxito laboral”
10.15 h: relatorio sobre coaching laboral – creatividade e innovación
11.15 h: pausa
12:00 h: visita ao Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
14.00 h: xantar
16.00 h: taller “Adestrando a creatividade II – o traballo en equipo”
17.00 h: taller “Adestrando a creatividade III – a importancia da imaxe”
19.00 h: fin da xornada
21.00 h: cea
Sábado 28 de setembro
10.00 h: relatorio “Os erros típicos dun/ha emprendedor/a”
10.45 h: taller de redacción dun proxecto de iniciativa xuvenil
11.45 h: pausa
12.15 h: conclusións
12.30 h: avaliación.
13.00 horas: clausura da xornada.
13.30 horas: xantar.











