As parroquias de Santa Cruz de Bromos e Vilaescura celebran sendos festexos esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coas festas de Santa Cruz de Brosmos e Vilaescura que se celebran esta fin de semana na localidade. Santa Cruz de Brosmos honra á Virxe do Carme a partir de mañá día 30, cun concertos dos Parentes a partir das 20:00 horas. Ás 21:00 horas será a quenda da pancetada e a queimada e do II Concurso de Postres.

Ás 22:00 horas haberá verbena co Grupo Camelia.

O día 31 ás dez da mañá será a saída da II ruta BTT promovida polo Club Ciclista Ponte Vella de Monforte, Santa Cruz Bike e Special Olympics Galicia. Trátase do último dos eventos programados dentro da Semana do Ciclismo de Sober. A ruta consta de dous percorridos, un vermello de 45 quilómetros e un verde de 28 quilómetros. Ao remate haberá pinchos e viño e festa con DJ Rhyco Defunk.

Ás 12:30 horas haberá ofrenda floral aos músicos da parroquia e pregón a cargo do médico e escritor Basilio Cobo. Ás 13:00 horas procesión e misa  seguidos dun concerto con banda de música. Xa pola tarde haberá xogos populares a partir das 18:30 horas e ás 19:00 horas partido de fútbol interxeracional.

Xa pola tarde noite haberá festa coa Orquestra Tokio a partir das 21:00 horas e ás 22:30 entrega de premios. O domingo día 1 ás 10:00 horas  haberá unha alborada cun grupo de gaitas e ás 13:00 horas procesión e misa solemne cantada polo Grupo O Trícole.

Vilaescura honra á Virxe do Rosario

As festas en Vilaescura na honra da Virxe do Rosario comezan o día 31 cunha misa con procesión ás 13:00 horas. Haberá sesión vermú e festa de tarde noite coa Orquestra Galaxia. O día 1 haberá pasarrúas co grupo de gaitas Os Teixeiras e misa solemne e procesión ás 13:00 horas co mesmo grupo. Para rematar, haberá sesión vermú e festa de tarde noite coa Orquestra Noche de Gala. 

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita a todos os veciños e veciñas e a todos os que estes días visitan a localidade ou se queiran achegar a participar na celebración.

Segue a Semana do Ciclismo

O programa de actividades da Semana do Ciclismo continúa mañá venres 30 de agosto na Praza do Toural ao anoitecer, cando a Banda de Música de Sober ofrecerá un repertorio de pezas bailables dos anos 50, 60 e 70.

29 de agosto de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.