As obras e limpezas no rural ascenden a 200.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A campaña iniciouse o 9 de agosto e permitirá actuar sobre 300.000 meros de pistas e estradas do municipio e sobre 125.000 metros cadrados de fincas municipais. Os traballos dividíronse en tres proxectos, executados por tres empresas diferentes. A primeira actuación consiste na roza de 200 quilómetros de pistas municipais do rural, cun investimento de 46.827 euros. Estes traballos teñen un prazo de execución de tres meses e contarán con tres equipos de traballo.

Xa se actuou nas parroquias de Grixoa, Figueiras, Villestro, Laraño e Marrozos. Para esta xornada estaba previsto o inicio dos labores na Barciela e en Aríns. No plan de traballo deuse prioridade ás parroquias que celebran as súas festas patronais.

Outra empresa está a executar a limpeza perfilado y reapertura de gabias nas estradas do rural, así como a limpeza de noiros. Este proxecto, cun orzamento de 142.675 euros e incluído no DTC-94 da Deputación da Coruña, ten un prazo de execución es de catro meses.

A terceira adxudicataria encargarase da roza das parcelas municipais. Traballarase sobre 125.000 metros cadrados e o custo da actuación é de 36.000 euros.

Finalmente, os concelleiros aproveitaron a rolda de prensa para anunciar o inicio, na vindeira semana da obra complementaria do Plan de Obras e Servizos (POS) de 2012, que se realiza cos importes sobrantes de baixas de adxudicacións. Esta obra será a de reforzo do firme nun vieiro de 600 metros en Frades (Enfesta). Tamén se reporán catro sinais viarias. O proxecto supón un investimento de 32.858 euros.

19 de agosto de 2013 | 23:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.