As melloras da Ronda de Nelle ascenden a 107.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Obras ronda de Nelle

Obras ronda de Nelle

O Concello da Coruña, a través da área de Infraestructuras que dirixe Martín Fernández Prado, informa dos traballos de mellora de pavimentación na Rolda de Nelle, dentro dos traballos de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos de beirarrúas e áreas peonís da cidade, no que o Concello inviste 2,4 millóns de euros no seu presuposto de 2013.

Os traballos afectan a 176 metros lineais de beirarrúa e consisten na demolición do pavimento e a reposición de 780 metros cadrados de baldosa; a demolición do bordo e a súa substitución por 267 metros cadrados de bordo de granito; así como labores de canalización en 254 metros de rede; colocación de 20 arquetas; instalación de 18 metros de colector de pluviais e 7 sumidoiros; e formación dun xardín na mediana.

As obras, que avanzan a bo ritmo e contan cun presuposto de 107.396 euros, continúan coas políticas do Goberno local de apostar pola renovación e modernización das vías da cidade co fin de mellorar a calidade de vida dos coruñeses e a calidade urbana de todos os barrios da cidade.

15 de agosto de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.