publicidade hoxe

As festas veciñais en Culleredo paralizan as obras de ampliación do aeroporto de Alvedro dende o venres ao martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo acorda coa empresa adxudicataria das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro unha serie de medidas para respectar ao máximo as festas veciñais da parroquia, que terán lugar entre o sábado 31 e o luns 2 próximos. A proximidade do campo da festa cos puntos onde se desenvolven as obras levou ao goberno municipal a pedir á UTE que varíe as condicións de traballo eses días, encontrando a total disposición dos seus responsables para favorecer os festexos aos veciños.

As obras pararán ás 18.00 horas do venres e continuaranse o martes 3, unha vez concluídas as festas. Polo tanto, nos días das celebracións os veciños non encontrarán nin o trasfego constante de camións nin as voaduras do monte Costa, actividades que xerarían importantes molestias.

O acordo do Concello coa empresa inclúe que se habilitará a pista de baixada dos camións para o aparcadoiro dos asistentes aos festexos. Contará con iluminación para facilitar o seu uso.

Así mesmo, o goberno local pediu a limpeza extraordinaria do ámbito. A empresa xa comezou a axeitar tanto as estradas coma as calzadas e rexistros entre Fontemaior e Tarrío para contar coas mellores condicións de cara ás celebracións. Os traballos seguen no ámbito do campo da festa. No día de hoxe os operarios colocaban o valo de madeira que acompañará á nova senda peonil no seu percorrido dende Fontemaior ata a igrexa. Trátase dun dos acordos alcanzados entre o Concello e AENA.

A senda peonil ten unha lonxitude de máis de 850 metros e permitirá, sen perigo para os peóns, desprazarse á igrexa románica, ao campo da festa, ao parque infantil ou ao cemiterio, ou simplemente dar un paseo pola zona. Construíuse en formigón imprimido e estará iluminada ao longo do seu percorrido El goberno local anunciou agora que esta obra se completará coa construción doutra zona peonil que comunicará o núcleo de Liñares coa igrexa e que se executará ao longo de 2014.

28 de agosto de 2013 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.