As entradas para asistir aos concertos de Raphael e Primal Scream xa están á venda

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

As actuacións de Raphael e Primal Scream celebraranse os días 4 e 6 de setembro, respectivamente, no lugar inicialmente previsto, a praza da Quintana, despois de ser adiadas por mor da suspensión das Festas do Apóstolo a causa do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo.

O edil de Festas, Francisco Noya, apuntou que Raphael e Primal Scream entenderon perfectamente o motivo da suspensión e, dende un primeiro momento, amosaron a máxima dispoñibilidade a buscar outras datas para os concertos.

Os horarios dos concertos e o escenario serán os inicialmente previstos, as 22:00 horas na praza da Quintana. As entradas mercadas inicialmente terán validez. Para quen queira comparalas, a billeteira do Teatro Principal abrirá dende dende o 26 de agosto ao 6 de setembro en horario de 17:30 a 20:30 horas. Tamén se poden adquirir a través de Servinova.

A estes dous concertos de pago sumarase outro gratuíto, o de Soraya, o 5 de setembro, aproveitando así a infraestrutura instalada na praza da Quintana. Esta actuación tamén estaba prevista no programa das Festas do Apóstolo.

27 de agosto de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.