Arrancan as obras da nova Base de Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+
Vista das obras de construción

Vista das obras de construción

Esta semana arrancou a obra da “Nova Base de para o Servizo de Protección Civil” que leva a cabo a empresa “Proxecta Actividades Profesionais da Construción” por un importe de 239.626 euros.

Segundo o alcalde, trátase dunha obra prioritaria xa que actualmente a dotación do Servizo de Emerxencias está situado no Tempero nun terreo cedido por un particular, polo que urxe que conte coa súa propia infraestrutura. “Por fin arrancan unhas obras que tiñan que estar rematadas fai xa anos. Antes de que remate o ano teremos unha base en condicións como se merece o Servizo de Emerxencias Municipal”, apuntou o mandatario cambrés.

A nova instalación para o Servizo de Protección Civil estase a instalar nunha parcela anexa ao instituto de Sigrás, o IES David Buján. O proxecto que puxera en marcha o anterior executivo local non contaba coa cualificación oportuna, xa que se trataba dun terreo urbano non consolidado ao tratarse dunha parcela que non chega ao a condición de soar por non contar cos servizos básicos necesarios, uns problemas que atrasaron a contratación destas obras que están financiadas nun 79% pola Deputación.

O goberno actual de Cambre decidiu utilizar a parcela anexa ao instituto de Sigrás de 2.400 metros cadrados co fin de acelerar o proceso e de non perder esta axuda económica do ente provincial.

En concreto, o convenio actual coa subvención Deputación faise cargo do 79,8% da obra, mentres que o concello se faría cargo do 20,2%.

29 de agosto de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.