publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aprobáronse obras por un valor de preto dos 500.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

O Concello de As Pontes aprobou en Xunta de Goberno Local unha serie de obras orzamentadas en case 500.000 euros.

Esta cantidade servirá para diversas actuacións tanto no casco urbán coma na zona rural, enmarcadas no Plan de Obras e Servizos de 2013.

A maior contía destinarase á pavimentación de varios viais municipais. Será en Roidiz, A Faeira, A Cruz, A Cabana, e Pedrafita, neste último caso afrontando a primeira fase. O orzamento co que vai facer estas melloras a empresa Francisco Gómez e Cía quedou en 128.260 euros.

Construccións Canosa contará con 118.424 euros para executar o portal de entrada ao lago de As Pontes. Así mesmo corresponderalle a mellora de servizos e pavimentos do Poboado da Fraga (II Fase), para o que dispón de 100.240 euros e tamén executará melloras no pavimento e alumeado da rúa Ramón Cabanillas por 52.894,88 euros.

Finalmente, Terra Medioambiente acometerá os traballos de novo alumeado no Rego do Muíño e aglomerado das pistas de A Rega e Pena de Francia (I Fase), obras que se adxudicaron por 50.000 euros.

20 de agosto de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.