Apliación do período de ingreso voluntario dos tributos municipais do ano 3013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Facenda, informa de que se amplía o período voluntario de ingreso dos tributos locais de 2013. Deste modo, os coruñeses e coruñesas poderán realizar os seus pagamentos entre o 16 de setembro e o 5 de decembro, fronte a anos anteriores cando o prazo se establecía entre o 1 de outubro e o 30 de novembro.

O goberno municipal pretende con esta medida facilitar o pagamento de impostos aos coruñeses que poderán elixir para efectuar os seus pagamentos, por primeira vez, algún destes catro meses: setembro, outubro, novembro ou decembro, en función do seu interese. Esta medida supón dar máis facilidades aos cidadáns para pagar os tributos, xa que dispoñerán de practicamente 3 semanas máis de período voluntario de ingreso. En concreto, afecta á taxa de recollida de lixos (comercial e industrial), taxa de cemiterios, taxa por entrada de vehículos e reserva de espazo sobre a vía pública, taxa por ocupación de vía pública con aparatos distribuidores, imposto sobre Bens Inmobles e Imposto sobre Actividades Económicas correspondentes, todos eles, ao exercicio 2013.

A Concellaría de Facenda recorda, ademais, a posibilidade de solicitar o Pagamento con Vencemento Especial do IBI que permite obter unha bonificación do 2% na cota do imposto.

13 de agosto de 2013 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.