Apertura do prazo de matrícula para o novo alumnado da Escola de Gaitas e Percusión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLalínLocalPontevedraPontevedraProvinciasVigoVilanova de Arousa
A-
A+

A Escola de Gaitas e Percusión abre o vindeiro día 9 de setembro ata o 20 o prazo de inscrición para os novos alumnos que queiran participar no próximo curso. As prazas son limitadas e o alumnado debera facer unha proba de acceso os días sinalados en cada sede.

As matrículas efectuaranse no IFEVI de Vigo, na Casa da Xuventude de Cangas e na Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra de 10 a  14 h, e no Auditorio de Lalín e na Casa da Cultura de Corón en Vilanova de Arousa de 17 a 21 h.

Este ano a matrícula ten un custo de 25€ por instrumento e as aulas serán totalmente gratuítas

Gran nivel de participación

A Escola ofrece formación para nenos e adultos, en dous niveis para cada grupo: iniciación e perfeccionamento. En total, a Escola de Gaitas e Percusión, dirixida por Hipólito Cabezas, conta cunha matrícula de 629 alumnos, dos que 59 se forman en Vilanova de Arousa, 227 en Vigo, 153 en Pontevedra, 116 en Cangas e 74 en Lalín.

29 de agosto de 2013 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.