Apertura do prazo de inscrición para o encontro de palilleiras de Xove
Este Encontro, que este ano celebrará a súa IVª edición, vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o sábado 5 de outubro. Pois ben, a Concellería de Servizos Socias e Xuventude, organizadora de evento, ABREU O PRAZO DE INSCRICIÓN para a edición deste ano, PRAZO QUE VAI ESTAR ABERTO ATA O VENRES 20 DE SETEMBRO.
A inscrición e información para as asociacións de palilleiras poderase facer nos teléfonos seguintes:
-Carmen: 982592686
-Mercedes: 679894219
-Lucía ou Ana: 982592001
En canto ás persoas interesadas na venda dos seus produtos poden facer a inscrición e reserva do seu posto chamando directamente ao Concello de Xove, preguntando por Lucía ou Ana no tfno. 982592001.











