Aparcadoiros alternativos para facilitar o estacionamento durante as festas de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O estacionamento no Pilar e os dous do mercado da Magdalena permanecerán abertos as 24 horas; mentres que a zona da lonxa e os tellados detrás de Capitanía Marítima poderán ser utilizados de 15:00 a 02:00 horas.

A restrición temporal no Paseo da Mariña, que afecta á zona comprendida entre a estrada Alta do Porto e a rúa San Francisco, comezará mañá e se prolongará ata o 5 de setembro.

O itinerario dos autobuses será desviado cara a Costa de Mella, onde se establecerá a súa parada, quedando anulada a do Paseo da Mariña; mentres que a parada de taxis se desprazará fronte ao edificio da Autoridade Portuaria.

Zona afectada polo corte de tráfico

Zona afectada polo corte de tráfico

O Concello de Ferrol informou hoxe da próxima apertura de diferentes aparcadoiros alternativos para facilitar o estacionamento de vehículos durante as Festas de Verán, que se celebran do 23 ao 31 de agosto. Así, as zonas establecidas para o estacionamento serán a partir do vindeiro día 23 e ate que rematen os festexos, o aparcadoiro do Pilar, os dous do mercado da Magdalena, que ampliarán o seu horario de apertura e permanecerán abertos as 24 horas; e a zona da lonxa e os tellados detrás de Capitanía Marítima, que poderán ser utilizados dende as 15:00 ás 02:00 horas.

Con esta medida,  o Concello de Ferrol quere facilitar o acceso de todos aqueles visitantes que se acheguen ate  Ferrol co obxecto de disfrutar da súa semana grande ao tempo que se ofrece unha alternativa ás restricións de tráfico que se van a producir estes días tanto pola propia  instalación de atraccións de feira como polos concertos e espectáculos  que van a ter lugar en diferentes puntos da cidade.

Explanada exterior do cuartel de Sánchez Aguilera

A estes tres emprazamentos sumaráse a partir do día 26 a explanada do Sánchez Aguilera, pechada dende onte pola mañá co fin de adecuala para albergar  os concertos do venres 23 e sábado 24.  Así as cousas e mentres que dure a prohibición de estacionamento neste espazo, recomendase como zonas de estacionamento alternativas os barrios de Esteiro e de Recimil (a rúa Ramón y Cajal e o aparcadoiro do Pilar). Neste senso, o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, subliñaba hoxe  que as reformas de mellora que se están a levar a cabo na explanada exterior do cuartel de Sánchez Aguilera son unha vella demanda dos cidadáns que van permitir recuperar unha zona fortemente degradada e que se recuperará para o uso cidadán.

 Restrición temporal no Paseo da Mariña

Noutro orde de cousas e no marco do Plan Especial de Tráfico posto en marcha pola Concellería de Seguridade do Concello de Ferrol, que dirixe Pablo Cal Martínez, con motivo das Festas de San Ramón, permanecerá pechado ao tráfico rodado o Paseo da Mariña, na zona comprendida entre a estrada Alta do Porto e a rúa San Francisco, pola instalación da Feira de Atraccións en dito emprazamento. A medida permanecerá vixente dende mañá mércores ás 08:00 horas e ata o vindeiro 5 de setembro.

 Nesta liña e no que atinxe ao transporte urbano, o itinerario dos autobuses verase afectado polo corte desviando a súa ruta cara a rúa Costa de Mella, onde se establecerá a súa parada, quedando anulada a parada do Paseo da Mariña. Así mesmo, a parada de taxis será desprazada fronte ao edificio da Autoridade Portuaria e quedará prohibido o estacionamento nas rúas Espíritu Santo, Paseo da Mariña e na zona de estacionamento da dársena de Curuxeiras. Ademais, o plan específico de seguridade establece os seguintes desvíos de entrada e saída da cidade:

  • Dende a FE-15 (AP-9) o tráfico descorrerá pola estrada Baixa do Porto desviándose cara a estrada Alta do Porto e dende esta cara as rúas Breogán ou Celso Emilio Ferreiro.
  • Dende a rúa Irmandiños o tráfico será desviado cara a rúa San Francisco e dende esta cara as rúas Espartero, Breogán, estrada Alta do Porto e AP-9.
20 de agosto de 2013 | 21:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.