Antonio Rodríguez Penín asume as competencias de Medio Ambiente, Limpeza e Transporte
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, asinou esta mañá un decreto mediante o cal delega as competencias da concelleira Susana Bayo, actualmente de baixa por maternidade, no concelleiro Antonio Rodríguez Penín. Así, o edil asume desde hoxe as seguintes atribucións: Limpeza Viaria, Transporte Público e Medio Ambiente (que comprende control e calidade ambiental, sustentabilidade, parques e xardíns).
Tamén durante esta mañá, o alcalde vén de convocar aos portavoces dos grupos políticos con representación no Concello a unha Xunta de Portavoces que terá lugar este xoves, día 29 de agosto, ás 12 h na Alcaldía, coa seguinte orde do día: estudo e avaliación das propostas para a implantación e implementación dun plan de xeración e mantemento do emprego no Concello de Ourense.











