Andaina ao Santuario dos Milagres
Con motivo da celebración da novena en honra á Nosa Señora dos Milagres (Baños de Molgas), a Asociación Ruta das Augas promove para o vindeiro 07 de setembro, a partir das 21.30 horas e con saída na Casa do Escudo, a sétima andaina popular para os/as veciños/as de Verín.
Devandita actividade, que conta coa colaboración do Concello de Verín, permitirá a numerosos/as verineses percorrer os 49 quilómetros que separan a vila do Támega do santuario mariano. Nesta ocasión o percorrido, de dificultade media, realizarase por As Estivadas, Viladerrei e Sarreaus.
Os interesados/as en participar deben inscribirse, antes do 06 de setembro, en Multisport Verín ou no teléfono 600-410018.











