Analizadas as fontes públicas do municipio carballiñés
Dende o concello mandouse analizar as fontes públicas de auga do Carballiño, debido fundamentalmente á época en que nos encontramos e sabendo que estas fontes se utilizan a miúdo por veciños da nosa vila, así como visitantes.
Detectouse boa saúde en practicamente o 80% delas, como é habitual esta saúde das augas non quere dicir que sexan augas de consumo, xa que ao tratarse de fontes de mananciais, estes poden cambiar a súa salubridade dun día para outro, polo que se mantén o anuncio de fontes non controladas sanitariamente, polo que dende a concellaría de sanidade se insta a que a xente consuma auga controlada sanitariamente ou auga embotellada abrigo en época estival.
Da analítica xeral destácanse 2 fontes contaminadas por coliformes ( causantes de gastroenterites serias) que son as do Cornuval, que se utiliza por moita xente e as da fonte pública de Partovia, polo que ademais de sinalizarse como augas non aptas para o consumo se prega non as utilizar, dado o risco de procesos infecciosos. É moi difícil saber de onde provén a contaminación xa que son augas de subsolo, e encontrar o foco é case imposible, aínda que se verá a posibilidade de detectalo.











