Amplíase as actividades da Aula de Natureza para nenos durante a primeira semana de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

As actividades que se veñen celebrando durante os meses de xullo e agosto na Aula de Natureza de Oira terán continuidade na primeira semana do mes de setembro, previa ao inicio do curso escolar 2013-2014. Os participantes aprenderán a importancia da conservación do medio ambiente, e coñecerán o medio ambiente máis próximo, a través de distintas actividades, que xirarán en torno á flora e a fauna da nosa provincia, reciclaxe, orientación, cambio climático e xardinería, entre outras.

O prazo de inscrición xa está aberto, nas actividades que se levarán a cabo os días 2, 3, 4, 5 e 6 de setembro, en horario de 10 a 13 h. e de 16:30 a 19:30 h. A inscrición ten un custe de 10 euros, e poden participar todos os nenos de entre 6 e 13 anos que o desexen.

Os seguintes son os principais obxectivos do programa:

  • Coñecer, gozar e defender o entorno natural, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiás.
  • Aprender a empregar e dar unha segunda vida a materiais reutilizables.
  • Concienciar da necesidade de reciclar.
  • Comprender a oferta lúdica que representa o entorno, fomentando o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
  • Posibilitar un comportamento cotiá acorde coa postura de recuperación e defensa do equilibrio ecolóxico.
  • Fomentar xogos populares.
  • Coñecer a importancia do auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
  • Concienciación sobre o cambio climático.
  • Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos que acuden á aula.
  • Conciliación da vida familiar e a laboral.

Todos os interesados poden efectuar a súa inscrición a través do teléfono 988 510 781 ou vía email: aulanatureza@ourense.es

19 de agosto de 2013 | 21:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.