publicidade hoxe

Ampliación do horario da Oficina de Información Turística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

O Concello de Miño ampliou o horario de atención ao público da Oficina Municipal de Turismo, situada no Parque Municipal da Rúa, a segunda quincena do mes de agosto ata o 30 de setembro grazas á dotación de máis persoal co obxectivo de reforzar os servizos da Oficina de Información Turística.

Para ofrecer un mellor servizo a oficina de información turística de Miño ampliou os seus horarios ás horas de maior afluencia de público:

De luns a domingo:
Mañás: de 10,00 h. a 14,00 horas
Tardes: de 16,00 h. a 20,00 horas

20 de agosto de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.