Amal, o festival de cine euroárabe, chega á Coruña no seu décimo aniversario
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura, informa de que os coruñeses poderán gozar, no mes de setembro, das mellores películas e curtos que formaron parte da última edición do festival de cine euroárabe Amal. A iniciativa coincide co décimo aniversario deste certame, o único destas características en Europa, que conta cunha das máis extensas videotecas de cine de orixe ou temática árabe.
As proxeccións realizaranse os días 10, 11 e 12 de setembro na Ágora a partir das 20.30 horas e a entrada será gratuíta ata completar o aforamento. O martes poderase ver Le Thé ou l’electricité e EID; o mércores EID e Rabat; e o xoves Ensemble e Bromas Aparte.
O Concello destaca a iniciativa da Fundación Araguaney-Puente de Culturas que ofrece aos espectadores a posibilidade de acceder a un cine que non chega, habitualmente, aos circuítos comerciais.











