Allariz celebra a súa XVIII Feira do Doce, Amendoado e Melindre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizCalendarioLocal
A-
A+

28082013-5O Concello de Allariz acolle o domingo 1 de setembro a XVIII Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz no Paseo da Alameda. O evento dará comezo ás 10.00 h. e, a partir das 11.30 h. iniciarase o III Concurso afeccionado de repostería para continuar ás 19.00 h. co Obradoiro de repostería para rapaces.

A Feira do Doce nace no ano 1996, cando o Concello de Allariz xunto coa práctica totalidade dos seus produtores e o seu Consello Reitor, botaron a andar a “Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz”. Nacía, daquela, cunhas miras perfectamente definidas: valoración da repostería local, buscando fundamentalmente a súa calidade e promoción económica nun mercado cada vez máis global e competitivo.

III Concurso de Repostería

A XVIII Feira de Outono de Allariz acolle o III Concurso afeccionado de repostería co que se pretende descubrir a mellor sobremesa de follado.

Bases:

1. Requisitos para participar: Poderán participar todos os veciños/as que non se adiquen profesionalmente á repostería.

2. Produtos admitidos: A elaboración da sobremesa terá como compoñente principal o follado (masa laminada feita con fariña, ovo e manteiga).

3. Inscrición: Os participantes deberán inscribirse no Centro de Promoción Económica, a través dos teléfonos 988 442 210 / 663 956 651 ou do enderezo electrónico participa@allariz.com ata ás 20.00 h. do día 31 de agosto.

4. Forma e lugar de presentación: A sobremesa participante entregarase xunto coa súa receita ás 11.30 h. no posto da organización ubicado no Paseo da Alameda. O veredicto do xurado farase público ás 13.00 h.

5. Procedemento: A cada participante asignaráselle un número para ocultar a súa identidade.

6. Xurado: O xurado estará formado tanto por expositores alaricanos coma convidados e algún asistente á feira escollido ao azar.

7. Premio: Premiaranse as tres mellores sobremesas con 200 €, 100 € e 50 € respectivamente, que deberán ser investidos no comercio local.

8. Dereitos e obrigas dos participantes: O feito de presentarse ao concurso supón a plena aceptación destas bases, polo que as decisións do xurado serán inapelables.

Obradoiro de repostería

Os nenos e nenas, de 6 a 12 anos de idade, que desexen participar nesta actividade deberán presentarse no recinto onde se celebra a Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz no Paseo da Alameda sobre as 18.45 h.

28 de agosto de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.