Afeccións no tráfico por obras na rolda de Camilo José Cela e na rúa Gregorio Hernández

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa das seguintes afeccións:

– Debido ás obras de fresado e pavimentación no ámbito da Rolda de Camilo José Cela coa Avenida de San Cristóbal, así como tamén nos carrís de acceso e saída da rotonda; verase afectada a circulación dende hoxe, ás 23.00 horas, ata mañá 8 de agosto, ás 7.00 horas. Mantense a circulación en dobre sentido na rotonda, só se producirá estreitamento ou corte dun carril.

– Con motivo da realización dunha gabia para diversas canalizacións, cortarase o tráfico na rúa Gregorio Hernández n.º 10 (30 metros antes do cruzamento coa rúa Gil Vicente) mañá, 8 de agosto, en horario de 8.30 a 14.00 horas. Consérvanse dous carrís de circulación. O 9 de agosto, procederase ao asfaltado.

7 de agosto de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.