Abdelkader Boudguerroudj e Paula Mayobre foron os vencedores da Carreira Popular nás categorías absolutas

Os primeiros clasificados
O pasado xoves día 15 celebrouse a 24ª edición da Maraton de Cambre. Este ano a proba estivo incluida no circuito Diputacion da Coruña de Carreiras Populares.
De novo ampliouse a participación respecto o ano pasado superando os 850 participantes entre todas as categorías. O percorrido foi dende os 150 metros para os máis novos ata os 7500 das categorías adultas. A carreira tivo a saída e meta nas inmediacións do Pavillón Sofía Toro (parte traseira do Concello) e discurriu na súa maior parte polo rio Mero.
Abdelkader Boudguerroudj do Riazor e Paula Mayobre do Bikila foron os vencedores da Carreira Popular nás categorías absolutas, suliñar o alto nivel dos participantes e tamén a participación de preto de oitenta nenos de menos 4 e 5 anos que debutaron como corredores populares.
A organización resultou un éxito e contou coa colaboración de protección Civil e Policía Local de Cambre así como de voluntarios do Club Ciclista Cambre-Caiero e persoal do Servicio Municipal de Deportes.











