A Xunta de Galicia anuncia a contratación da seguinte fase da concentración parcelaria de Fisteus
A Consellería de Medio Rural e Mar sacou a concurso a licitación do proxecto de elaboración das bases definitivas da concentración parcelaria da parroquia de Fisteus por importe 136.754,09 €.
Esta actuación é prioritaria para rematar o proxecto de Concentración Parcelaria e desta maneira faise realidade o compromiso feito pola conselleria aos veciños da dita parroquia de sacar adiante a seguinte fase.
A parroquia de Fisteus é a mais grande de Galicia sobre a que se executa un proxecto de concentración parcelaria con 45 km cuadrados.











