A VII edición de Saldomarín acada un gran éxito de público e de vendas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMarín
A-
A+

Tras valorar os resultados desta VII Edición do SALDOMARÍN, podemos afirmar que o balance foi máis que positivo xa que se superaron os resultados da edición anterior.

Durante os tres días do evento, o goteo de xente que visitou a carpa foi continuo sendo fiel reflexo disto as constantes aglomeracións que se viviron no interior da mesma en moitos momentos. Os prezos atractivos dos distintos artigos que se puxeron á venda, así como as condicións metereolóxicas favorables para gozar do acto de compra, axudaron en gran medida a acadar este éxito de visitantes.

Debido a este éxito de público e de vendas, xa temos confirmada, prácticamente, a participación da totalidade de expositores desta edición, fiel reflexo de que o evento funciona, convertíndose así o SALDOMARÍN, nunha referencia en toda a provincia. Comentar tamén que houbo peticións, durante o fin de semana, para poder participar na próxima edición de establecementos comerciais que visitaron a carpa e comprobaron in-situ, que o SALDOMARÍN é unha fórmula estupenda de darlle saída aos stocks que se acumulan.

No tocante ao volumen de facturación, a media da mesma foi moi similar á da edición anterior, é decir, duns 4.000 € por stand, o que significa que durante os tres días o volumen global da facturación rondou os 90.000 €.

Dende a asociación queremos agradecer especialmente a colaboración que se nos brindou por parte da corporación municipal, permitíndonos instalar a montaxe da carpa na Alameda o que contribuíu en gran medida ao éxito do evento.

Por parte da asociación, respectamos en todo o momento o empedrado, xa que utlizamos un sistema de contrapesos o que evitou unha anclaxe que perxudicaría o pavimento.

Dende Estrela de Marín, agradecemos tamén a colaboración e dilixencia da Policía Local e Nacional que se deixaron ver con frecuencia polas instalacións así como do Servizo de Limpeza que mantiveron as inmediacións da carpa en perfectas condicións.

Agradecer tamén o apoio da Xunta de Galicia, asisitindo ao acto de inauguración a Directora Xeral de Comercio Dª Sol Vázquez Abeal, a colaboración de La Caixa e á Deputación de Pontevedra que a través do seu Plan Cultural, nós aportase as actividades para os máis cativos. Comentarvos que dende o centro comercial aberto, xa estamos a preparar unha nova acción de dinamización comercial. Trátase da IV Edición do Salón de Vodas “Cásate con Nós” que se celebrará os días 12 e 13 de outubro no Multiusos de Marín, e no cal haberá dous desfiles de moda nupcial.

6 de agosto de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.