A unidade asistencial de drogodependencias de Monforte informará no Festival de Paradiso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A Unidade Asistencial de Drogodependencias municipal, dependente da Concellalía de Sanidade, que dirixe Antonino Luaces, informa da actividade de prevención que se desenvolverá en colaboración coa Asociación Náufragos do Paradiso, e que ten por obxecto dar unha resposta á problemática relacionada co inicio e consolidación do consumo de drogas nos ambientes de lecer, a través dunha intervención directa e desde un enfoque alternativo.

A campaña desenvolverase durante o concerto.

Unha mesa informativa atendida por colaboradores da asociación estará o día 31 de Agosto no Parque dos Condesco fin de facilitar o acceso á información e ofrecer asesoramento aos mozos sobre os riscos derivados do consumo de alcohol e outras drogas.

Entre os obxectivos desta campaña informativa e de sensibilización poden citarse os seguintes:

– Promover o acceso á información e asesoramento sobre substancias adictivas nos propios espazos de lecer da mocidade.

–  Alertar dos posibles riscos para a saúde a través dunha información obxectiva, contrastada e adaptada ás necesidades reais da mocidade.

– Fomentar condutas responsables grazas a pautas de actitude e de comportamento ante os consumos de drogas, favorecendo en todo momento a abstinencia.

– Atender á demanda dos mozos cunha estratexia non invasiva, sendo eles os que decidan achegarse.

– Facilitar asesoramento e información sobre as alternativas existentes a aqueles que manifesten consumos problemáticos e/ou situacións de risco en xeral.

30 de agosto de 2013 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.