A Torre do Reloxo quedará limpa dos cadros e cableados eléctricos
O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, confirmou esta mañá que a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia financiará o proxecto presentado polo Concello para recuperar a imaxe orixinal da Torre do Reloxo, eliminando os cadros e cableados eléctricos que afean o inmoble. Unha intervención valorada en algo máis de 35.000 euros que permitirá pór en valor un dos monumentos máis senlleiros da real vila. Noutrora, antigo Hospital de Pe-regrinos e, na actualidade, sede da Oficina Municipal de Rehabilitación e do Arquivo Municipal.
A intervención permitirá eliminar as instalacións acumuladas ao longo dos anos na fachada, e que desvirtúan notablemente a imaxe do inmoble, como alumeado público, electricidade e telefonía. Daránse traslado a outras zonas como a Avenida de Alxeciras e tamén se realizará un tratamento da fachada. De igual modo, sustituiráse a carpintería metálica por madeira.
Sen dúbida, unha actuación que permitirá recuperar este inmoble e mellorar a calidade dos servizos aos veciños e ao peregrino ao seu paso por Neda. Agora, o paso máis inmediato será a contratación das obras por parte da propia Xunta.











