publicidade hoxe

A Sociedad Parroquial de Vedra en Arxentina celebra a Festa das Dores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocalVedra
A-
A+

A Sociedad Parroquial de Vedra de Arxentina celebra Festa das Dores no seu 103º Aniversario o vindeiro domingo 1 de setembro.

Esta celebración coincide coas festas das Dores do Concello de Vedra.

Sairá unha procesión dende a sede social, levando a Imaxe Da nosa Señora das Dores cara á Parroquia de San José de Calasanz (Avda. La Prata e Directorio).

A continuación unha Misa solemne na honra da Virxe das Dores, nesta ocasión ofrecida pola familia Vilar – Cancela.

Ao remate un gran xantar na sede social situada na rúa José Mármol 760 na cidade de Bos Aires.

Actuación especial do Conxunto de danzas, gaitas e cantareiras da Sociedad Parroquial de Vedra.

Gran baile coa Orquestra “Peninsulares”

www.vedra.com.ar

19 de agosto de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.