A Semana Infantil de Cedeira programa para mañá as Carreiras de Humor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+
Unha das actividades realizadas

Unha das actividades realizadas

Malia o mal tempo, numerosos nenos e nenas se deron cita esta mañá para participar nunha nova sesión da Semana Infantil de Cedeira que promove o Concello. Neste caso, o Parque do Sagrado Corazón acolleu os Xogos dos Avós, tales como o pano, a carreta, a cadeira ou os zancos.

As actividades continuarán mañá mércores. Así, a partir das 11 horas e no mesmo escenario, a Semana Infantil propón para os máis pequenos as Carreiras de Humor. Haberá varias modalidades nas que haberá que ser o máis rápido pero con moita habilidade: carreiras de sacos ou portando un ovo nunha culler. O xoves celebrarase o tradicional concurso de Castelos na area. Dende as 11 horas, nenos e nenas poderán realizar as súas creacións na praia da Madalena. Y, finalmente, o venres, a partir das 20 horas, dará comezo a Carreira Popular, con punto de partida na Praza do Sagrado Corazón.

Todas as actividades son gratuítas e non requiren de inscrición previa, agás a Carreira Popular, cuxo prazo para anotarse se abrirá unha hora antes do inicio.

6 de agosto de 2013 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.