A semana do Voluntariado ponse en marcha coa presentación do audio-libro “Ao compás das mareas”
A semana do Voluntariado ponde a andar mañá, sábado 24 de agosto, coa presentación dun audio libro de temática medioambiental promovido pola asociación Agareso. A este acto engádense as exposicións que se poden visitar no Auditorio dende o xoves e ata finais de mes e o ciclo de cine “Educando á infancia en valores” que comezará o luns e se desenvolverá ao longo da semana na Praza de Galicia. O Perrathón Solidario, a Mostra do Voluntariado e a Gala Solidaria pecharán a vindeira fin de semana o programa elaborado pola Concellería de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa de Traballo e Benestar e as entidades sociais do municipio.
“Ao Compás das Mareas” é o título do audio-libro, realizado por catro voluntarios da organización de Agareso como parte dun proxecto de cooperación de protección ambiental. A presentación terá lugar mañá, 24 de agosto, ás 11.30 horas na Sala de Conferencias do Auditorio.
Tamén no Auditorio poderán visitarse as tres mostras fotográficas incluídas na Semana do Voluntariado. A primeira delas, componse das trece imaxes seleccionadas entre as máis de 500 que se presentaron ao Concurso de Fotografía da Asociación Reumatolóxica e nas que se mostran a máis de 60 persoas afectadas por enfermidades reumatolóxicas que se posaron voluntariamente para facer visible á sociedade a problemática que supón convivir cotidianamente con estas doenzas. Na mostra tamén colaboraron artistas como o debuxante Miguelanxo Prado ou o actor Manquiña, que prestan a súa imaxe para o calendario benéfico que a Liga Reumatolóxica elaborou no ano 2012 coas imaxes do fotógrafo coruñés Miguel Abalo.
As outras dúas exposicións veñen a Vilagarcía a través do Fondo Galego de Cooperación e levan por título “Imaxes con Fondo”, na que os autores das imaxes expresan cos fotografías diversas caras da solidariedade; e “Influír no global dende o local”, na que se ilustra o traballo no día a día e a pe de calle de moitos voluntarios cuxa acción conxunta e concreta, contribúe a mellorar a sociedade en xeral.
O ciclo de cine solidario “Educando á infancia en valores”, o I Perrathon Solidario, A Festa do Voluntariado e a Gala Solidaria completan o programa a desenvolver ata o sábado 31 de agosto.











