publicidade hoxe

A romaría de San Ramón celébrase o 31 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+
Cartel da romaría

Cartel da romaría

Miño celebra o próximo día 31 de agosto no lugar Bra (Sombreu) a súa festa campestre máis importante: a Romaxe de San Ramón, con máis de 150 anos de historia.

A misa en honor a San Ramón oficiarase á unha da tarde e a continuación farase a posta do Santo, que é o momento máis esperado, no que cada ano un veciño ou veciña recitará a letania tradicional que se transmite de pais a fillos. Tras os actos relixiosos haberá lumes de artificio e dará comezo a sesión vermouth e a comida campestre que estará amenizada toda a tarde pola Charanga NBA e o grupo MARACAIBO.

22 de agosto de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.