A renovación do paseo marítimo entre a rúa Sol e a praia do Madoiro estará finalizada antes do vindeiro San Xoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou, esta mañá, a licitación en setembro da cuarta fase do proxecto de renovación do Paseo Marítimo, comprendido entre a rúa Sol e a escalinata de acceso á praia do Matadoiro. O rexedor destacou a importancia deste proxecto xa que “o bordo da praia quedará completamente renovado”.

Con esta obra, que se licitará en setembro, e cuxos traballos se iniciarán antes do próximo verán, o Goberno local pretende reformar o Paseo Marítimo dende as Escravas á zona dos Surfistas. “A intención é que os traballos se leven a cabo na próxima primavera para que a obra estea finalizada antes do San Juan de 2014”, explicou. Este proxecto considera, ademais, a incorporación do carril bici. “Con esta actuación, completarase un carril bici practicamente interrompido de máis de 10 quilómetros de lonxitude e, sobre todo, en tramos agora inexistentes”, destacou.

Esta cuarta fase, que conta cun investimento aproximado de 500.000 euros, inclúe a mellora dos accesos á praia do Matadoiro, modificando o trazado da escaleira, e a instalación dun ascensor ao aparcadoiro, que se enmarca dentro do compromiso do Goberno municipal de mellorar a accesibilidade en todos os puntos da cidade.

Carlos Negreira recordou que xa se executaron as dúas primeiras fases, comprendidas entre Las Esclavas e a rúa Sol, onde se levou a cabo unha actuación integral de cambio de pavimento e ampliación do carril bici; e na zona de La Coraza, onde se cambiou en pavimento, o mobiliario urbano e incorporouse un monumento aos heroes do Orzán.

14 de agosto de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.