A Regata SAR Infanta Elena arrancará na Coruña coa participación de 30 embarcacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+

> Os candidatos ao Trofeo Presidente Xunta de Galicia confirman a súa presenza.

> Na primeira xornada prevese vento forte do nordés, que se manterá durante o fin de semana.

>>>>>>>>>>>

Mañá arranca na baía da Coruña a XIII edición da Regata SAR Infanta Elena, unha primeira xornada complicada debido ao forte vento do norte que predín os partes meteorolóxicos. O Oficial Principal da regata intentará completar dúas regatas tipo Barlovento – sotavento para as clases ORC 0 – 1 -2, e percorrido costeiro para ORC 3 e Especial nesta xornada de ventos frescos, e dependendo das condicións meteorolóxicas do fin de semana combinaranse percorridos costeiros con algún barlovento – sotavento.

A zona de navegación para os barcos dos grupos ORC estará situada ao norte da Torre de Hércules, aínda que en caso de que houbese algo de mar se podería desprazar cara á dereita ao resgardo do Porto Exterior de Ferrol. O Comité de Regatas tomará a decisión pouco antes de comezar a primeira proba do día en función das condicións meteorolóxicas.

Os J80 navegarán no interior da baía da Coruña, ao sur da baliza da “Guisanda”, próximos ás praias de Santa Cristina e Bastiagueiro, onde se espera unhas boas condicións para poder completar os 3 bastóns previstos para a xornada.

Todos os barcos que optan ao Trofeo Presidente Xunta de Galicia, galardón conformado pola Regata SAR Infanta Elena, Trofeo Príncipe de Asturias e El Corte Inglés Máster, xa configuraron as súas tripulacións para a regata coruñesa ao rexistrar, de xeito oficial, durante a xornada de hoxe xoves, a súa participación neste clásico da tempada galega.

Deste xeito un dos favoritos, o Movistar, do Real Club Náutico de Sanxenxo, patroneando por Pedro Campos, estará na liña de saída, ao igual que o Solventis-Eurofers, patroneado por Malalo Bermúdez de Castro, recente vencedor da Regata Rias Baixas, será unha das unidades a bater.
O Real Club de Regatas de Vilagarcía e Porto de Vilagarcía desprazan ata A Coruña o Cenor&Electrolux, de Martín Bermúdez de la Puente.

Outra embarcación a ter en conta será o “GDiez” de Pepe Naya do Club Náutico Ría de Ares, recente vencedor da Regata Rías Altas, e en gran forma tras as reformas sufridas a principios de tempada. Sen perder de vista ao Gómez Mostly Harmless, de Andrés Soto; ou o Patacón, de José Ubago, todos eles do Real Club Náutico da Coruña.

En canto aos J80 haberá que estar pendentes do Mariña Coruña, Campión Galego da clase en varias ocasións, esta vez patroneado por Pablo Martínez, experimentado regatista en vela lixeira, varias veces campión galego.

A saída para todas as clases será ás 15.30 horas da tarde.

29 de agosto de 2013 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.