A praza ferrolá de Amboaxe convertirase nunha gran pista de baile na 40 Pantin Classic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

Unha espectacular festa cun impresionante despregue audiovisual, barras temáticas, dúas cabinas, animación, canón de escuma e moitas outras sorpresas será a encargada de continuar mañá coa programación das Festas de Verán, que organiza o Concello de Ferrol. A Festa Oficial 40 Pantin Classic transformará nunha gran pista de baile a Praza de Amboaxe a partir das 21:00 horas e o mellor de todo é que a entrada será de balde.

Restricións temporais na zona

Con motivo da celebración deste festival, a Policía Local procederá a cortar ao tráfico rodado as seguintes rúas da zona: rúa María con Sánchez Barcaiztegui, rúa Arce con Sol, rúa Real con San Diego, e rúa Magdalena con Méndez Núñez. Así mesmo, recoméndase como zonas de estacionamento alternativas a explanada exterior do Cuartel de Sánchez Aguilera, o barrio de Esteiro e o barrio de Recimil (na rúa Ramón y Cajal e no aparcamento do Pilar).

29 de agosto de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.