A praza de San Fernando acollerá a película de animación Los Pitufos

Los Pitufos
Este venres 23 de agosto, ás 22.30 h, vaise proxectar na Praza de San Fernando a película de cinema de animación Los Pitufos. Esta actividade forma parte da programación que organiza a Concellería de Cultura de Tui. A entrada é de libre.
Neste filme os personaxes creados polo debuxante belga Peyo inician unha nova aventura en Nova York. Ata Central Park chegan ao través dun portal máxico no que entran ao atravesar unha ruta prohibida mentres escapan do malvado Gargamel.











