A Policía Local de Ourense rexistra un descenso nos delitos menores e do número de atestados
A Concellería de Policía do Concello de Ourense fai balance da súa actividade durante o ano 2012, cunha disminución dos delitos e roubos e un incremento nos controles de tráfico, das campañas informativas e de sensibilización cara aos cidadáns e cidadás, cunha diminución dos positivos nos controis de alcoholemia e a ausencia de vítimas mortais en atestados ou accidentes de tráfico.
Dende o departamento de Policía Local dividen a memoria de actividade en 1 apartados, dos que pasamos a desglosar, a continuación, os puntos máis relevantes:
Máis de 120 policías cubren a xestión ordinaria, especial e administrativa
No eido dos recursos humanos, a Policía Local do Concello de Ourense está composta por 1 superintendente e un 1 intendente, 3 inspectores principais, 4 inspectores, 5 oficiais e 118 policías, que realizan as súas funcións en 3 turnos, os 365 días do ano. Ademáis da xestión ordinaria, organízanse dispositivos especiais en datas sinaladas, coma o día de reis, entroido, procesións, manifestaciónes, festas populares, eventos deportivos e culturais ou feiras, sendo a cabalgata de reis a que máis dispositivos mobiliza cun total de 41 policías.
Case 14.000 chamadas foron atendidadas pola central de comunicacións
A Policía local recibiu ao longo do ano 2012, case 14.000 chamadas (13.891), onde destacan coma motivos principais a existencia de vehículos mal estacionados (1.874), accidentes de circulación (1.704), ruidos (700), queixas (428) ou incidencias (300). A central de comuicacións está dispoñible 24h os 365 días do ano, pero o momento no que se produce o maior número de chamadas é pola mañá dos días laborais entre as 11.00h e as 12.00h.
A Policía Administrativa atendeu máis de 11.000 actuacións demandadas polos cidadáns
Esta é unha tradicional función do corpo de Policía Local e xenera un importante volume de traballo, comprendendo todas as actuacións relativas a comprobacións, vixiancias e cumprimento da normativa municipal vixente. Este tipo de actividades poden ser solicitadas de oficio, ven por outras dependencias municipais, momento no que a Policía debe emitir os informes técnicos e oficios que considere pertinentes (1.809 no ano 2012, concentrando a Concellería de Urbanismo o maior porcentaxe de actividade) ou polos propios cidadáns ou cidadás, que neste caso, concentran as súas demandas no eido da vixiancia con máis de 4.000 solicitudes de vixiancia en parques, edificios públicos ou tráfico en colexios.
Sensible descenso dos delitos menores
Coma garante da seguridade dos cidadáns e cidadás, a Policía desenvolve unha acción integrada cos demáis poderes públicos, dirixida a proporcionar unha convivencia pacífica, o emprego ordeado das vías e espazos públicos, e cun carácter xeral, evitar a comisión de delitos e faltas contra as persoas e os seus bens.
Os delitos e faltas e os atestados tiveron un sensible descenso, pero persiste o incremento dos actos vandálicos, aínda que os de menor cuantía e mantense a existencia de vítimas de violencia machista.
O departamento de Policía rexistrou 732 delitos, sendo os roubos e hurtos menores (325 roubos a persoas, establecementos ou vehículos) ou danos contra a propiedade, os máis frecuentes, cun sensible descenso con respecto ao ano 2011.
Na actualidade a importancia social da erradicación da violencia contra as mulleres leva a que o departamento de Policía Local desempeñe unha función esencial neste tipo de delitos, tanto a nivel preventivo coma represivo.
No ano 2012 se o medimos en cifras, producíronse 1.825 contactos telefónicos coas vítimas, elaboráronse 118 investigacións e remitíronse ao Xulgado 213 informes ou oficios. Así, se practicaron 23 detencións contra homes presuntamente culpables dun delito contra a violencia machista.
En materia de seguridade vial, 107 persoas foron postas a disposición xudicial, 73 dos cales superaban a taxa de alcoholemia permitida.
É neste apartado no que se contemplan, así mesmo os actos vandálicos, cun susceptible incremento dende o ano 2011, pasando de 123 a 140, sendo os máis habituais, as pintadas (18), contenedores danados (11), vehículos con danos (17) ou sinais vandalizadas (12).
A oficina da Policía dispón de departamento de “Obxectos perdidos”, no que se recibiron 551 obxetos (na súa maioría carteiras con documentación) foron devoltos 439 aos seus propietarios ou propietarias.
Dende a Policía, tamén se levan a cabo incautacións de material por venda ilegal (con 3 intervencións realizadas ao longo do ano, nas que se incautou material textil e audiovisual falsificado), intervencións de armas e de sustancias estupefacientes.
Campañas divulgativas de concienciación. Controis preventivos
A Policía, ademáis de posuír unha función de control e sancionadora, desempeña un importante papel informativo e preventivo, polo que anualmente leva a cabo campañas informativas e de divulgación para os veciños e veciñas. Neste senso tamén se realizan controis periódicos, tanto nos pubs- cafés e bares especiais, coma sobre a práctica do fenómeno social coñecido coloquialmente coma “botellón”.
No primeiro caso, controis periódicos a bares especiais, realizáronse 613 controis e deuse trámite a 139 denuncias por infracción de horarios e 77 por ruidos.
No caso do control sobre o “botellón”, levaronse a cabo, 999 controis, nos que se produxo a identificación de 320 persoas (soamente 6 das cales eran menores de idade) e se deu trámite a 14 denuncias.
Dende un punto de vista preventivo, lévanse a cabo campañas de vixiancia nos centros de ensino, e campañas de control da taxa de alcoholemia, para informar e sensibilizar aos conductores e conductoras do consumo de alcohol responsable. Os datos recabados este ano son optimistas, xa que no mes de xullo, no que se realizaron 192 probas soamente 3 deron positivo por riba do 0,15% e 1 por riba do 0,25%, e no mes de decembro, das 309 probas realizadas, 1 positivo con 0,15% e 4 positivos por riba de 0,25%.
Estudio de accidentes de tráfico
O número de atestados descendeu con respecto ao ano 2011 un 5,6%, gracias ao incremento da presencia policial en puntos conflictivos a nivel de tráfico e ao compromiso en materia de prevención dende tódalas administracións. En accidentes, estiveron involucradas 2.106 persoas, 290 con feridas, dos cales so 34 con feridas graves e 2.025 ilesas.
Os dous datos máis relevantes en materia de accidentes viais son, dunha banda que o 96% das persoas sometidas a control de aolcolemia por mor dun atestado, deron negativo na proba, obrigatoria neste tipo de casos. E doutra banda, que non se conta con ningunha vítima mortal.
As principais causas de accidente son as fallas de atención, manobras sen tomar as debidas precaucións, conducción distraída ou cambios de carril.
Educación vial, parque infantil de tráfico e visitas escolares
Os nenos e nenas, a través da concellería de Educación, realizan actividades ao longo de todo o curso escolar en estreita colaboración coa Policía Locla, para coñecer tanto a labor que desempeñan coma profesionais, coma a desenvolver hábitos cívicos e conductas responsables nas súas relacións cos demáis e co seu entorno.
O parque intanfil de tráfico, dirixido a nenos e nenas de 3º a 6 de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato tenta transmitir aos estudantes actitudes responsables en materia de tráfico e a importancia dunh comportamento responsable nas viais públicas. Na actividade participan anualmente máis de 20 centros de ensinanza da cidade e 16 da provincia, con máis de 3.000 alumnos e alumnas que se benefician da actividade.
Visitas á comisaría, ao centro de comunicacións, parque móbil, charlas e conferencias de primeiros auxilios, camiño escolar, participación na Semana Europea da Mobilidade, representacións teatrais ou seminarios formativos, son algunhas das actividades que se desenvolve en colaboración con outras Concellerías municipais.
Multas e sancións
O número de multas nota un incremento con respecto ao ano anterior, debido, entre outras causas, ao cambio de normativa en marteria de seguridade vial a nivel estatal, que xenera un incremento das infraccións leves, pola menor coñecemento que se ten das mesmas por parte dos cidadáns e cidadás. Con respecto á retirada de vehículos, a maioría prodúcense por estacionamento indebido (3.267), obstaculizar a circulación ou o tráfico de peóns. Os puntos de maior concentración de vehículos e retirada dos mesmos por infraccións epítense coma en anos anteriores: avenida de Buenos Aires, Antonio Puga, Cruceiro quebrado, Eduardo Barreiros, Avenida da Habana, Leiras Pulpeiro, Jesús Soriaou Avenida de Portugal e San Francisco, así como a rúa Saínza ou o recinto do CHUOU.
Dos vehículos que son recuperados a porcentaxe de cobro é do 99,1%.











